Sílvia Munt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Sílvia Munt Quevedo 24 de marzo de 1957 (67 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, bailarina, directora de cinema, guionista |
Familia | |
Cónxuxe | Ramon Madaula |
Parella | Miquel Cors |
Premios | |
| |
Sílvia Munt Quevedo, nada en Barcelona o 24 de marzo de 1957, é unha actriz e directora de cinema, teatro e televisión catalá.
Gañou dos premios Goya, á mellor actriz pola súa interpretación en Alas de mariposa e á mellor curtametraxe documental por Lalia, escrita e dirixida por Munt. Esta curtametraxe recibiu máis de quince premios, entre eles o United Nations World Forum on Children's Television.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou danza clásica e contemporánea, que combinou con estudos de psicoloxía. Aos dezaseis anos debutou como bailarina. Titulada en ballet clásico pola Royal Ballet de Londres en 1974, entre 1973 e 1978 dedicouse plenamente á danza como bailarina e coreógrafa, formando parte entre outras das compañías de Gelu Barbu (primeiro bailarín do Ballet Nacional de Romania) e do Ballet Contemporani de Barcelona.[1]
Aos vinte anos comezou na interpretación teatral. Debutou no cinema en 1978 co filme L'orgia. En 1981 protagonizou La plaça del Diamant, que lle valeu á Concha de Prata do Festival de Cinema de Donostia, e rapidamente comezou a traballar con directores como Fernando Trueba, Vicente Aranda, Manuel Gutiérrez Aragón ou Montxo Armendáriz.
Munt é membro da Academia do Cinema Europeo e da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Enre decembro de 2008 e o 14 de novembro de 2011 foi membro do plenario do Consell Nacional de la Cultura i de les Arts (CoNCA), organismo do que dimitiu xunto con outros nove membros como protesta polo modelo que que propuña o proxecto da Llei Òmnibus.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Actriz
[editar | editar a fonte]- 2015: Requisitos para ser una persona normal
- 2008: Xtrems
- 2007: Pretextos
- 2006: Remake
- 2000: Aunque tú no lo sepas
- 1999: El viaje de Arián
- 1998: Subjúdice
- 1997: El faro
- 1996: El domini dels sentits
- 1996: Una piraña en el bidé
- 1996: Secretos del corazón
- 1996: Todo está oscuro
- 1995: Assumpte intern
- 1995: Éxtasis
- 1995: Razones sentimentales
- 1994: La pasión turca
- 1994: El rey del río
- 1994: El perquè de tot plegat
- 1993: Nexe
- 1993: Los baúles del retorno
- 1993: Bloodline
- 1992: Cucarachas
- 1992: El caçador furtiu
- 1991: Alas de mariposa
- 1991: Els papers d'Aspern
- 1987: Quimera
- 1985: Golfo de Vizcaya
- 1984: Bajo en nicotina
- 1984: Le grand voyage
- 1983: Soldados de plomo
- 1983: Sal gorda
- 1983: Akelarre
- 1982: Pares y nones
- 1981: La plaça del Diamant
- 1978: L'orgia
Directora
[editar | editar a fonte]- 2007: Pretextos, longametraxe de ficción
- 2003: Elena Dimitrievna Diakonova. Gala, longametraxe documental
- 1999: Lalia, curtametraxe
- 1998: Déjeme que le cuente, curtametraxe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Acte institucional de la Diada Nacional de Catalunya 2012" (PDF). Generalitat de Catalunya. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2012.
- ↑ "En defensa del CoNCA". Consell Nacional de la Cultura i de les Arts. 7 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2012.